6/4/08
Cantos lobos
Este próximo luns os contos de lobos serán os protagonistas do Contomar. Aproveitando os traballos que realizaron as nenas e nenos asistentes ao obradoiro de ilustración de Chus Ferrín e que inundan os espazo da biblioteca, no Contomar serán esta vez os lobos –bos e malos– quen tomen a palabra desde historias como Carapuchiña vermella, Loboferoz, ¿Quen lle ten medo ao lobo?, Os sete cabritos e Os tres porquiños. Chus Ferrín púxonos en contacto con eles a través do seu libro Unha de lobos. Así que seguimos con eles. ¡Cantos lobos!
Etiquetas:
Contos de lobos,
Loboferoz,
Os sete cabritos,
Os tres porquiños
1/4/08
Segundo aniversario
O segundo aniversario do Contomar celebrouse onte na Casa da Cultura de Gondomar coa actuación especial de Migallas e unha gran afluencia de público.
28/3/08
Celebración no Contomar con Migallas
O Contomar cumpriu dous anos o pasado mes de febreiro. Agora, o vindeiro luns 31 de marzo celebrarémolo. Será, coma sempre ás 18:00 horas, na Biblioteca Pública de Gondomar, pero esta vez contaremos coa actuación especial de Migallas Teatro e o seu espectáculo Cantacontos. En Espazo Lectura queremos celebrar deste xeito os dous anos do Contomar, dous intensos anos contando contos cada semana na Biblioteca Municipal de Gondomar. Moitas grazas a todas e todos os que acudistes a contar contos. Porque o máis fermoso do Contomar é que contan as nais e os pais. Moitas grazas a todas e todos os que acudistes a escoitalo. Entre toda e todos, fixemos que o Contomar sexa un referente da animación lectora no Val Miñor.
O Contomar do luns será unha sesión moi especial para este segundo aniversario. Esperámosvos.


O Contomar do luns será unha sesión moi especial para este segundo aniversario. Esperámosvos.


Etiquetas:
animación lectora,
contacontos,
Contomar,
Val Miñor
14/3/08
Vacacións no Contomar
Este pasado luns os nenos do Contomar souberon do medo que pasou Cocorico mentres Gato Pelado estiraba a pata para collelo e papalo, divertíronse vendo todas as cousas que Se eu fose moi alto podería facer, respiraron aliviados cando o león conseguiu o silencio que precisaba A tartaruga que quería durmir e cantáronlle "Parabéns para ti" a Noa e mais a Emma, dúas das amigas do Contomar que celebraron connosco os seus cumprecontos: Noa co seu conto preferido, O galo Quirico, e Emma co seu, A ratiña presumida.Agora, logo de tanta actividade, o Contomar vai coller vacacións e regresará o luns, 31 de marzo, ás 18:00h, coa actuación especial de Migallas Teatro e o seu espectáculo Cantacontos. Celebraremos así todos xuntos que levamos xa dous anos contando contos cada semana na Biblioteca Municipal de Gondomar. Boas vacacións e até o 31 de marzo!
1/3/08
Contos para contar
21/2/08
Non temos medo!
16/2/08
Contos de animais
A próxima sesión do Contomar, o luns día 18, celebrarase en torno a libros que teñen diferentes animais como protagonistas: O zoo de Xoquín, Pequechos das terras polares, Pequechos da selva, O oso e o corvo ou Rita serán algunhas das historias que compartiremos cos nenos e nenas.
Ademais, celebraremos o cumprecontos de Anxo, un dos nenos do Contomar, que escolleu Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis como o seu favorito.
Ademais, celebraremos o cumprecontos de Anxo, un dos nenos do Contomar, que escolleu Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis como o seu favorito.
11/2/08
O exemplo do Contomar
As actividades e o blog do Contomar, organizadas por Espazo Lectura, son postas hoxe como exemplo polo xornal dixital de A Nosa Terra, que salienta a súa importancia fronte ao descenso de dous puntos dos índices de lectura en Galicia durante o último ano.
Etiquetas:
A Nosa Terra,
Indices de lectura,
lectura en Galicia
7/2/08
Crocodilos e xirafas no próximo Contomar
O próximo luns 11, Luns, coma sempre ás 18:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar, a sesión do Contomar abordará contos que teñen como protagonistas a crocodilos e xirafas. Reproducimos a nota de prensa:
O programa de fomento da lectura CONTOMAR, que organizan a ANPA As Pontes e o colectivo Espazo Lectura, celebrará o próximo luns unha nova sesión de contacontos na Biblioteca Municipal de Gondomar con historias de crocodilos e xirafas. A sesión comezará cun relato fantástico sobre o nacemento dos crocodilos e continuará logo cos tres volumes da serie de crocodilo e xirafa de Daniela Kulot: Crocodilo namorado, Unha casa á medida e Unha parella diferente. Incluiremos tamén na sesión o poema visual Crocodilo de Antonio Rubio e Óscar Villán.
Ademais celebraremos os cumprecontos de dúas nenas socias do Contomar e, ao remate da sesión, os nenos poderán pintar unha xirafa ou un crocodilo.
Logo do descanso do entroido, o Contomar retoma así as sesións semanais de contacontos que desde hai case dous anos celebra na Biblioteca Municipal nun esforzo por crear en Gondomar un espazo de encontro cos libros e a lectura que agora se complementa coa nova proposta do club de lectura compartida Lendo contigo.
1/2/08
Descanso de entroido
Este próximo luns día 4 non haberá sesión do Contomar. Desexámosvos que gocedes do entroido e da variada oferta de actividades que estes días imos ter en Gondomar. Vémonos de novo o día 11 de febreiro.
28/1/08
Queremos a paz
Esta semana celébrase o Día da Paz e desde o CONTOMAR queremos contribuír á necesaria reflexión sobre o que a palabra PAZ significa. Por iso este luns teremos na nosa sesión contos para a paz. Algunhas das historias levarannos a falar dos conflitos bélicos e as súas consecuencias (Flon-Flon y Musina , De como Fabián acabó con la guerra ou Un barco no ceo) e con outras achegarémonos a unha dimensión máis cotiá da paz, porque a convivencia pacífica é cousa de todos: O sorriso de Daniela, Os tres bandidos ou Palabra de crocodilo.
25/1/08
Miguel Vázquez Freire estará en Lendo Contigo
Este próximo sábado 26 de xaneiro o escritor Miguel Vázquez Freire estará ás 12:oo horas na biblioteca municipal de Gondomar para participar na 2ª sesión do Club de lectura compartida Lendo Contigo, unha actividade de dinamización lectora que promoven Espazo Lectura e a ANPA As Pontes. O libro proposto para este encontro é Contos de Reis e de Nadal, aínda que se recomendaron tamén outros libros do autor.
24/1/08
Comentarios
A consecuencia dalgúns cambios estruturais que levamos a cabo no blog do Contomar, perdéronse os comentarios que algunhas persoas deixaran nas distintas entradas. Pedímoslles desculpas a esas persoas e agradecemos a súa preocupación e colaboración.
20/1/08
O inverno
Este luns, día 21 de xaneiro, a sesión semanal do Contomar vai ter como tema central o inverno. O libro do inverno vainos servir para comentar cos nenos e nenas as principais características da paisaxe e dos nosos hábitos cotiáns no inverno. Tamén nos acompañarán os contos O inverno do señor Oso, Pegadas xigantes e U-la neve? E para aqueles nenos aos que lles están a caer os dentes, Oso e o seu dente.
Ademais, para favorecer un mellor coñecemento da obra do escritor Miguel Vázquez Freire, que nos acompañará este próximo sábado, día 26, ás 12 da mañá, no Club de lectura compartida Lendo contigo, contaremos tamén dous dos seus contos para os máis pequenos: O robot que lle tiña medo aos nenos/O neno que lle tiña medo aos robots e María é maior.
Ademais, para favorecer un mellor coñecemento da obra do escritor Miguel Vázquez Freire, que nos acompañará este próximo sábado, día 26, ás 12 da mañá, no Club de lectura compartida Lendo contigo, contaremos tamén dous dos seus contos para os máis pequenos: O robot que lle tiña medo aos nenos/O neno que lle tiña medo aos robots e María é maior.
11/1/08
Contos clásicos
Logo das vacacións de Nadal, o programa de fomento da lectura CONTOMAR regresa este próximo luns á Biblioteca Municipal cunha sesión dedicada aos contos clásicos. "Carapuchiña vermella", "Os tres osos", "O galo Quirico" ou "Polgariño", xunto con novas propostas desas historias tradicionais como "A verdadeira historia de Carapuchiña", serán algúns dos contos que poderemos escoitar o próximo luns. Ademais, celebraremos o cumprecontos dunha das nenas do CONTOMAR que fai 4 anos.
Retomamos así o programa semanal de contacontos que, desde hai case dous anos, desenvolvemos na Biblioteca Municipal de Gondomar e que durante o primeiro trimestre deste curso contou cunha media de asistencia de 42 nenos por sesión.
Retomamos así o programa semanal de contacontos que, desde hai case dous anos, desenvolvemos na Biblioteca Municipal de Gondomar e que durante o primeiro trimestre deste curso contou cunha media de asistencia de 42 nenos por sesión.
Etiquetas:
Carapuchiña vermella,
Contos clásicos,
O galo Quirico,
Os tres osos,
Polgariño
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



