Logo das vacacións de Nadal, o programa de fomento da lectura CONTOMAR regresa este próximo luns á Biblioteca Municipal cunha sesión dedicada aos contos clásicos. "
Carapuchiña vermella", "
Os tres osos", "
O galo Quirico" ou "
Polgariño", xunto con novas propostas desas historias tradicionais como "
A verdadeira historia de Carapuchiña", serán algúns dos contos que poderemos escoitar o próximo luns. Ademais, celebraremos o cumprecontos dunha das nenas do CONTOMAR que fai 4 anos.
Retomamos así o programa semanal de contacontos que, desde hai case dous anos, desenvolvemos na Biblioteca Municipal de Gondomar e que durante o primeiro trimestre deste curso contou cunha media de asistencia de 42 nenos por sesión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario