O
Contomar cumpriu dous anos o pasado mes de febreiro. Agora, o vindeiro luns 31 de marzo celebrarémolo. Será, coma sempre ás 18:00 horas, na Biblioteca Pública de Gondomar, pero esta vez contaremos coa actuación especial de
Migallas Teatro e o seu espectáculo
Cantacontos. En Espazo Lectura queremos celebrar deste xeito os
dous anos do Contomar, dous intensos anos contando contos cada semana na Biblioteca Municipal de Gondomar. Moitas grazas a todas e todos os que acudistes a contar contos. Porque o máis fermoso do Contomar é que contan as nais e os pais. Moitas grazas a todas e todos os que acudistes a escoitalo. Entre toda e todos, fixemos que o Contomar sexa un referente da animación lectora no Val Miñor.
O Contomar do luns será unha sesión moi especial para este segundo aniversario. Esperámosvos.


No hay comentarios:
Publicar un comentario