
Este pasado luns os nenos do Contomar souberon do medo que pasou
Cocorico mentres Gato Pelado estiraba a pata para collelo e papalo, divertíronse vendo todas as cousas que
Se eu fose moi alto podería facer, respiraron aliviados cando o león conseguiu o silencio que precisaba
A tartaruga que quería durmir e cantáronlle "Parabéns para ti" a Noa e mais a Emma, dúas das amigas do Contomar que celebraron connosco os seus cumprecontos: Noa co seu conto preferido,
O galo Quirico, e Emma co seu,
A ratiña presumida.
Agora, logo de tanta actividade, o Contomar vai coller vacacións e regresará o
luns, 31 de marzo, ás 18:00h, coa actuación especial de Migallas Teatro e o seu espectáculo Cantacontos. Celebraremos así todos xuntos que levamos xa dous anos contando contos cada semana na Biblioteca Municipal de Gondomar. Boas vacacións e até o 31 de marzo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario