
Esta tarde celebramos no Contomar o
cumprecontos de Emma, unha das nosas amigas que hoxe facía sete anos. Ela escolleu para celabralo
A casa dos gatos: nós contámosllo, cantámoslle, pintámoslle unha bolboreta na cara e regalámoslle un conto, co desexo de que os libros e as historias camiñen sempre con ela.
Ademais do conto que Emma escolleu, xogamos e viaxamos polo mundo con
Catarina, o Oso e Pedro e soubemos da experiencia difícil de ter unha irmá pequena con
Un problema grande e
Puag, que noxo!
2 comentarios:
Gustoume moito o cumprecontos e os contos que contáchedes.
Gustoume moito estar con vos e poder levarnos os contos da biblioteca.
Emma.
Ola, Emma. Son Alma, a min tamen me gusta ir ao Contomar. Pasoo moi ben.
Bicos. Alma
A min tamén me gusta ir ao contacontos.
Bicos. XELA
Publicar un comentario